Alberto Ferreiro

PROFESOR YOGA

Ola, antes de nada, dicir que me alegra atoparte nesta páxina. O proxecto Energía Zen significa moito para min e faime ilusión que busques información aquí. A proposta paga moito a pena.

Chámome Alberto Ferreiro e formo parte do equipo docente de Energía Zen dende que abriron as súas portas.

Descubrín o ioga alá polo 2010, de forma bastante intuitiva. Sabía que algo me estaba chamando, aínda que tiña certas resistencias e moitas dúbidas. A miña primeira clase de ioga foi con Daniel Álvarez, en A Coruña, unha clase de Ioga Iyengar. Engancheime ao instante e, de feito, sigo practiacando con el.

A partir de aí, moitas clases, moitos cursos e intensivos, con moitos profesores e profesoras de varias partes do mundo. Moitas horas de práctica persoal, moitas boas sensacións, e tamén momentos de frustración e inseguridades, momentos de aceptación e cambio.

Estes últimos anos estoume formando, sobre todo, con Martine Le Chenic, unha profesora francesa que dirixe a escola de “Ioga, alento e enerxía”. Martine foi alumna aventaxada e amiga íntima de B.K.S Iyengar e toda a súa familia, e nos propón una visión do ioga moi enfocada ao corpo interno na postura, á sensación enerxética e á conexión co alento.

E aquí vou, aprendendo e desaprendendo todo o tempo, co corpo e a alma listas para explorar, preparado para permitirme acoller novas perspectivas e infinidade de emocións.

Atoparasme en Energía Zen se te animas a querer compartir unha práctica comigo. Boa práctica e boa vida!

Estes últimos anos, me estou formando, sobre todo, con Martine Le Chenic, una profesora francesa que dirixe a escola de “Ioga, alento e enerxía”. Martine foi alumna aventaxada e amiga íntima de B.K.S Iyengar e toda a súa familia, e nos propón una visión do ioga moi enfocada a o corpo interno na postura, á sensación enerxética e a conexión co alento.

E aquí vou, aprendendo e desaprendendo todo o tempo, co corpo e a alma listas para explorar, preparado para permitirme acoller novas perspectivas e infinidade de emocións.

Me atoparás en Energía Zen se te animas a querer compartir unha práctica comigo. Boa práctica e boa vida!

×